Thursday 16 de May de 2024

O pregón de Inés Rey dá comezo ás festas do Ventorrillo


O barrio gozará de todo tipo de actividades ata o vindeiro mércores

A alcaldesa, Inés Rey, foi a encargada esta mañá de dar por iniciadas as festas do barrio do Ventorrillo. A rexedora deu o pregón acompañada do presidente da asociación veciñal, José Ángel Souto. Rey quixo destacar o espírito existente neste barrio e a forza do seu tecido veciñal.

“O noso carácter, a nosa forza, só se pode entender mirando a todos e cada un dos barrios que compoñen a nosa cidade”, sinalou a alcaldesa durante o seu pregón. Rey falou da boa sintonía existente entre a cidadanía do barrio e o Goberno municipal á hora de propoñer e levar a cabo melloras para o barrio. Tras o pregón, tivo lugar unha sesión vermú a cargo da orquestra Trébol. Os festexos desenvolveranse ata o mércores. Toda a programación pódese consultar na seguinte ligazón ​e nas redes sociais da Asociación de Veciños do Ventorrillo.​